• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

31

Xul

2020

“Que non che rouben a Primavera do Comercio Local”

Por, Fecimo CAMPAÑAS Comments: no comments

“Que non che rouben a primavera do Comercio Local” foi a campaña de primavera 2020 que lanzou Fecimo no inicio do mes de xullo coa nova normalidade algo máis asentada trala situación de crise ocasionada polo Covid-19. 

 

Retomouse a campaña de Primavera que se vira paralizada a causa da pandemia e do estado de alarma establecido a mediados de marzo, co obxectivo de apoiar ao comercio local do Morrazo reclamando a tempada que non se puidera desfrutar este ano por mor do confinamento e premiando a fidelidade dos clientes que fan as súas compras ou contratan servizos nas empresas e negocios asociados á Federación.

 

A campaña, que estivo vixente dende o 1 ao 21 de xullo, inclinouse por un claim que aportaba ganas de sentir a primavera por parte dos clientes que estiveron confinados durante o estado de alarma.

Participaron máis de 100 empresas puidendo combinar perfectamente a campaña coa época de rebaixas, de forma que o stock do material de primavera xerado fose máis doado de vender.

O sistema de participación, como en anteriores campañas, foi mediante sorteo dixital a través da web www.comerciodomorrazo.com e se repartiron 800€ en cheques compra, para gastar no comercio local asociado, divididos en 4 premios de 75€ e 10 de 50€ entre os clientes que realizaron as súas compras/servizos durante o período da campaña e validaron na mesma web os códigos recibidos polo establecemento.

 

Os gañadores e gañadoras dos 14 premios da Campaña de Primavera 2020 pódense ver premendo na seguinte ligazón do álbum completo no perfil de Facebook do Comercio do Morrazo.

 

Histórico
¿Qué son as Cookies?

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo, xestionar o acceso de usuarios a zonas restrinxidas da web, etc.