• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

10

Xan

2019

CELEBRÁRONSE AS FESTAS DAS GYMKHANAS DE NADAL

Por, Fecimo Sen categorizar, Últimas Noticias Comments: no comments

Os nenos e nenas de entre 4 e 14 anos que nos últimos días do ano percorreron os establecementos que aparecían nos mapas de cada localidade déronse cita nas 3 Festas de Nadal organizadas por Fecimo para gozar dunhas tardes de xogos, diversión e moitos premios.

O martes 2 de xaneiro en Moaña na Praza do Concello, o mércores 3 de xaneiro en Bueu na Praza do Concello e o xoves 4 de xaneiro en Cangas na Alameda Vella, foron as datas e os emprazamentos onde a Federación levou a cabo a realización das festas de Nadal onde cativ@s, moz@s e as súas familias pasárono en grande cos animadores, os xogos, as actividades, os sorteos de premios e finalmente cunha gran chocolatada co tradicional roscón de reis.

Nun punto determinado da tarde tiveron lugar os sorteos entre tod@s aqueles que entregaron os mapas con tódalas respostas requeridas nos establecementos participantes ou na furna habilitada na caseta da organización na mesma Festa. Estes sorteos repartiron os desexados premios anunciados pola organización e que este ano consistían nunha TABLET e nunhas CESTAS DE NADAL .

Os ganadores/as dos sorteos foron:

En Moaña, Rita López Rocha gañadora da Tablet (que non estaba presente) e Nerea Bemposta Rodríguez gañadora da Cesta de Nadal.

En Bueu, Laura Agulla Pastoriza gañadora da Tablet e Inés Amado Piñeiro gañadora da Cesta de Nadal.

En Cangas, Saray García Parada gañadora da Tablet e Dario Avendaño Bernardez gañador da Cesta de Nadal.

Histórico
ARTIGOS RECENTES