• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

25

Xuñ

2018

FECIMO ULTIMA OS PREPARATIVOS DA 13ª FEIRA DE OPORTUNIDADES DO MORRAZO

Por, Fecimo Sen categorizar, Últimas Noticias Comments: no comments

FECIMO inicia a súa recta final de preparativos para a 13ª FERIA DE OPORTUNIDADES DO MORRAZO.

A Federación desenrola unha nova edición da Feira de Oportunidades do Morrazo que terá lugar en Cangas durante os días 6,7 e 8 de xullo.

Con 31 establecementos participantes, Fecimo, está a traballar na organización dun evento coñecido na Comarca e que cada ano reúne a máis visitantes. Como ven sendo habitual os expositores que participan nesta edición venderán o seu stock con grandes descontos.

A Feira terá lugar nas inmediacións dos xardíns do señal (fronte ao Concello de Cangas) nunha carpa de de 1000m2 que será instalada para o disfrute dos visitantes.

Lembramos que os asistentes a esta Feira poderán atopar produtos de comercios de Bueu, Cangas e Moaña con rebaixas ata o 70%, chegando a atopar verdadeiras gangas.

Cómpre informar que os visitantes poderán facer as súas compras con tarxeta, en moitos dos establecementos expositores, dado que contarán con TPV inalámbrico.

Ademais, este ano, e como novidade, Fecimo complementa o sorteo de agasallos e merchandising cun sorteo de 1.000 € en  premios entre aquelas persoas que realicen compras nesta nova edición.

Este sorteo será mediante un sistema informático que permitirá, dunha forma moi doada, rexistrar na paxina web www.compranomorrazo.com os código que as clientas recibirán coas

compras. Deste xeito todas aquelas persoas que se acheguen a facer as súas compras, ademais poderán saber no mesmo intre se o seu boleto de participación, recibido coa compra, resultou  premiado e poderán recoller e dispoñer do premio na mesma Feira.

A Feira de Oportunidades lembramos que está organizada pola Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo e conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Cangas e ABANCA, xuntando esforzos para fomentar o comercio local de Bueu, Cangas e Moaña.

Publico asistente na 12 Edición da Feria de Oportunidades do Morrazo (2017)

 

 

 

Histórico
ARTIGOS RECENTES