• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

16

Abr

2019

INSCRICIÓN AO CASTING INFANTIL AMODIÑA OITAVA EDICIÓN

Por, Fecimo Sen categorizar, Últimas Noticias Comments: no comments

Hoxe día 16 de Abril ábrese a inscrición ao CASTING INFANTIL da oitava edición de Amodiña.

Un ano máis as crianzas (nenas e nenos de 3 a 10 anos) son protagonistas da Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo AMODIÑA.

O prazo para as inscricións para todas aquelas que desexen participar estará aberto dende hoxe 16 de ABRIL ata o 22 DE ABRIL ou ata que se cubran 130 inscricións.

Este ano a organización precisa da colaboración de 35 crianzas (aproximadamente) que serán seleccionadas no Casting e que desfilarán na pasarela que terá lugar o día 11 de maio as 21:00 horas no contorno palco da música de Moaña.

Lembramos aos pais que a selección de crianzas para o casting terá lugar trala súa participación diante dun xurado profesional o xoves 25 de Abril no primeiro andar da praza de abastos de Moaña e que posteriormente será publicada na nosa web e nas nosas redes sociais.

 

Para poder INSCRIBIRSE AO CASTING INFANTIL deberán cubrir todos os datos solicitados no seguinte formulario:

https://forms.gle/kLG4U5jiqFrh9iJa8

As BASES DO CASTING INFANTIL 2019 poden ser consultadas neste enlace:

https://drive.google.com/open?id=1dih8i23yKK6XBEgX4m7soY-tuAKTABtt

Histórico