• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

27

Out

2020

Proxecto Formativo de Dixitalización promovido pola Mancomunidade dos Concellos do Morrazo

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

Fecimo colabora nun PROXECTO formativo promovido pola Mancomunidade dos Concellos do Morrazo para a dixitalización das empresas e negocios locais que pertenzan á comarca do Morrazo. Como federación aportamos a nosa experiencia para fomentar e impulsar os negocios locais dende o punto de vista dixital.

Este proxecto consta de 10 CURSOS FORMATIVOS gratuítos en formato ON-LINE creados a medida para cubrir as necesidades de aprendizaxe para a correcta dixitalización das empresas da nosa comarca.

Na páxina web de Fecimo (https://fecimo.es/formacion-do-morrazo/) atópase a landing page (ventá) informativa e actualizada sobre os cursos ou sesións de formación que se van impartindo e os próximos, cos seus correspondentes enlaces para a pre-inscrición dos empresarios ou autónomos interesados.

Os 10 cursos do programa son os seguintes:

  • Canles de venda online – 13 de Outubro ás 21.00h.

Perfís dos compradores online. A Covid-19 e o boom da venda online. Sistemas de comercio electrónico: tenda online propia, marketplaces, redes sociais e outras plataformas. Uso de Google My Business como punto de partida para cando un cliente ou potencial cliente nos busca na rede.

  • WhatsApp Business – 20 de Outubro ás 21.00h.

WhatsApp Business como ferramenta de comunicación co cliente e escaparate do catálogo online. Diferenzas entre WhatsAppWhatsApp Business , que podo facer e que non. Usos de Whatsapp Business para crear un catálogo de produtos que o cliente pode mercar. Marketing en Whatsapp.  Integración online-offline básica usando Whatsapp.

  • Transforma Facebook e Instagram en canles de venda – 27 de Outubro ás 21.00h.

Creación de tendas en Facebook e Instagram con catálogos online de produtos. Promoción e etiquetado de produtos. Recomendacións de uso. Opcións de marketing e publicidade en Facebook e Instagram. 

  • Plataformas de pagamento online, custo e formas de uso – 3 de Novembro ás 21.00h.

Presentación e análise de plataformas de pagamento con tarxeta de xeito non presencial: Vantaxes e inconvintes de cada unha. Tarifas de uso e demanda dos usuarios: PayPal, Bizum, Twyp, Google Pay, Apple Pay, Pay by Link (Paycomet). TPVs virtuais en tendas online (Redsys).

  • Solucións online para o teletraballo en servizos profesionais – 9 de Novembro ás 21.00h.

Uso profesional de Zoom, Skype, GoogleMeet, GoogleClassroom. Ferramentas colaborativas de documentos na nube. Ferramentas de xestión de proxectos e equipos: Trello. Aspectos a ter en conta para unha boa videoconferencia.

  • Loxística de envíos e ferramentas de seguimento e control – 10 de Novembro ás 21.00h.

Packaging, alternativas e métodos de envío, “click & collect”, loxística inversa. Podo cobrar os gastos de envío ou non? Integración do seguimento de pedidos na tenda online.

  • Visión xeral e recomendacións para o desenvolvemento da tenda online – 16 e 17 de Novembro ás 21.00h.

Que elementos debe ter unha web de comercio electrónico para funcionar ben? Como se xestiona unha tenda online? Alternativas de creación de tenda online e plataformas: tendas na nube, WordPress+WooCommerce e PrestaShop. Visión de conxunto de Google Analytics: interpretación das estatísticas básicas.

  • Atraer a novos clientes coa publicidade online (Facebook e Google Ads) – 24 de Novembro ás 21.00h.

Como facer campañas básicas en Facebook, Instagram e Google Ads. Sistemas de cálculo de prezos (CPC e CPM). Tipos de campañas. Creación de conta publicitaria, definición de audiencias e target, palabras clave e xestión de anuncios online.

  • Estratexia de presenza online e posicionamento en Google (SEO) – 1 de Decembro ás 21.00h.

Aspectos básicos do funcionamento do algoritmo de Google. Optimización de web e definición de palabras clave para aparecer nos resultados de búsqueda cun bo posicionamento. Ferramentas básicas de SEO. Outros aspectos que axudan ao posicionamento.

  • Interacción cos posibles clientes. Presenza nas redes sociais – 14 e 15 de Decembro ás 21.00h.

En que redes sociais debe estar a miña empresa. Plan de contidos e tipoloxía das publicacións. Como, cando e que publicar en cada rede. Uso profesional de Facebook, Instagram, Twitter, LinkedIn e YouTube. Xestión de reputación online e comunicación de crise. Como facer unha análise de resultados.

 

Fecimo optou por unha plataforma e-learning (de aprendizaxe electrónico) moi completa e intuitiva na que se ofrecen moitas vantaxes para o usuario participante. Cada curso conta cunha sesión en directo impartida polo docente Rocamora coa posibilidade de que os usuarios interactúen de forma directa e se lles resolvan as dúbidas ao final da lección. Facilítase outra posibilidade para aqueles usuarios rexistrados ao curso que non poidan ou non puideron asistir á sesión presencial: acceder ao vídeo gravado, unha vez se cargue na plataforma, e reproducilo no momento que queira.

Ademais, de forma paralela ao vídeo do curso, a participación tamén inclúe manuais e material didáctico complemetario, titorías individuais, test de avaliación e foros de debate. 

Javier Rocamora García (Elche, 1972) é o docente encargado de impartir as formacións en materia de marketing dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico. É consultor e formador senior en marketing online, estratexias e vendas, SEO en “Las 3 en punto” e redactor de contidos sobre e-commerce e marketing online na revista dixital “Marketing4eCommerce”. Leva 28 anos de carreira profesional ligado ao mundo do marketing e das vendas, centrándose no entorno dixital dende 2005.

Participou e dirixiu decenas de proxectos formativos e de consultoría para todo tipo de empresas, dende PEMES ou MicroPEMES ata multinacionais.

Rocamora ten colaborado con Red.es (Ministerio de Industria) no deseño, redacción e impartición de contidos para o programa de promoción de comercio electrónico “Vendes en Internet?”. É colaborador habitual en distintas axencias de marketing dixital e ten desenvolto traballos tanto en sectores industriais a nivel europeo, en empresas de servizos (Telefónica-Movistar, ING, Applus, Adecco, unísono) e en sectores comerciais nas categorías de óptica, odontoloxía, fisioterapia, decoración, mobles, turismo (campañas en redes para Turismo de Galicia e Federación Galega de Turismo Rural), hostalería, alimentación, grandes superficies (Carrefour, Media Markt, Leroy Merlin), perfumería, moda, farmacia, adegas, saúde pública, seguros, etc.

Foi docente en diversas edicións de Másters MBA e Másters en Dirección Comercial e Marketing. Imparte con regularidade cursos formativos na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e en diversas asociacións empresariais de Galicia. Tamén é conferenciante habitual en foros e congresos en Galicia e no país.

 

Histórico