• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

10

Mar

2023

DA COMEZO A I XORNADAS GASTRONÓMICAS EN FEMININO EN BUEU

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Fecimo colabora coa I Xornadas Gastronómicas en feminino Bueu, evento organizado polo Concello e a Asociación de Hostaleiros de Bueu. 

Do 8 ao 12 de marzo terá lugar esta Xornada coa que os establecementos participantes darán a degustar as súas tapas a un custo de 3,50€.

Esta iniciativa ten a finalidade de poñer en valor o papel das mulleres na cociña, e ponse en funcionamento coincidindo co 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

Un total de 13 empresas locais da vila crean as súas propias tapas inspiradas na cociña de Bea Sotelo, unha cociñeira natural da comarca do Morrazo que conta cunha Estrela Michelín e que é todo un referente a nivel culinario, e que destaca pola súa labor de visualización da muller na cociña. 

A iniciativa busca visibilizar o papel das mulleres cociñeiras, que constitúen máis do 80% das cociñas de restauración, ademais de seguir dinamizando a gastronomía da vila.

Nesta ocasión, sacáronse ás mulleres das cociñas de Bueu fóra para poñerlles cara, e sair así da invisibilidade. Os locais ofrecerán tanto ao mediodía como á noite tapas a un custe de 3.50 €, nas que expresarán o seu coñecemento da cociña de Bea Sotelo. Con orixes na aldea marinense de Ardán, Bea Sotelo practica unha cociña avanzada aínda que de inconfundible raíz galega, e baseada no máis sinxelo dos principios, o produto fresco e de calidade».

 

Por outra banda, todas aquelas persoas que se acheguen a degustar estas tapas entrarán no sorteo de 300€ en premios. Para participar deberán entregar un boleto de participación, cos seus datos persoais, que conteña tres números, os cales obterán en cada establecemento participante.

Os establecementos que participan coas súas tapas son:

> Buena Vibra              > Casa Benito
> Noite Tapas               > Esmorga
> O Ratiño Pequeno    > A Centoleira
> Casa Quintela            > La Zarzamora
> O Farol                        > Aturuxo Bar
> Pyramis                       > Vinoteca A CEPA
> Morriña                       > Bar Magic

 

Histórico