• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

23

Nov

2022

DEPOSITA A TÚA CARTA E “SINTE A MAXIA DO NADAL NO COMERCIO LOCAL”

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Este Nadal, como novidade, incluímos un novo sorteo de 600€ en premios entre as cartas de Papá Noel e as dirixidas aos Reis Magos que os máis pequenos do fogar cubran e depositen nos establecementos asociados de Comercio do Morrazo que participen nesta promoción.

Nestas datas tan especiais, os rapaces poderán adquirir nas empresas as súas CARTAS para enchelas con todos aqueles DESEXOS que queiran pedir a Papá Noel ou aos Reis Magos, e depositalas nos BUZÓNS DE NADAL habilitados en cada establecemento, para entrar nos sorteos que realizarán nas localidades de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.

A finalidade destes sorteos é que a MAXIA DO NADAL faga realidade algún destes anhelos cos premios acadados.  

Esta promoción terá lugar do 5 de decembro do 2022 ao 5 de xaneiro de 2023.

PREMIOS 

Sortearanse 600€ en premios repartidos entre as localidades de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.

– 2 PREMIOS de 50€ por localidade entre as cartas dirixidas a Papá Noel.

– 2 PREMIOS de 50€ por localidade entre as cartas dirixidas aos Reis Magos.

 

DATAS DOS SORTEOS

Os sorteos terán lugar os días venres, 23 de decembro 2022 e xoves, 5 de xaneiro de 2023, polo que pasarase a recoller as cartas polos establecementos os días xoves 22 de decembro e mércores 4 de xaneiro.

Notificarase aos nen@s gañadores/as mediante unha VIDEOCHAMADA por parte de PAPÁ NOEL ou dun REI MAGO, respectivamente.

Por último, farase entrega dos premios en TARXETAS REGALO no establecemento onde foi depositada inicialmente a carta premiada.

Campaña organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO e cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

DESCARGA A TUA CARTA DE PAPA NOEL

DESCARGAR CARTA DE PAPA NOEL

DESCARGA A TUA CARTA DE REIS

DESCARGAR CARTA DE REIS

Histórico