06
Nov
2018
Xornada de Formación “Curso Práctico de Paquetería Creativa”
Por, Fecimo Sen categorizar, Cursos e Formación Comments: no comments
En qué consiste o curso?
A presentación dun bo envoltorio á hora de entregar o noso artigo é imprescindible para o noso posicionamento comercial. Ofrecer unha boa atención ao cliente e un bo servizo personalizado de agasallos van da man.
Realzaremos o valor do noso artigo se sabemos entregalo onde a nosa propia identidade o faga sentirse único, dando un valor comercial moito máis elevado.
Temario
– Técnicas de empaquetado segundo o artigo, alimentación…
– Empaquetados de formas lineais:
– de dobraxe bicolor.
– de abanico frontal, lateral ou superior.
– Empaquetados de formas irregulares, redondas, triangulares, alongadas…
– Empaquetados sen celo, rápidos e eficaces.
– Empaquetados artísticos en forma de bolso, camisa..
– Creación de bolsas, con fol e base.
– Creación de sobres con gran capacidade.
– Deseño de diferentes lazos de adorno.
– Montaxe de decoracións especiais.
– Uso das tres r, reusar, reciclar e reutilizar.
– Como facer cestas e packs especiais para vender.
– Envolver obxectos especiais para eventos.
DATAS DE CELEBRACIÓN
Novembro: 14,15, 21 e 22. (8h en total)
Horario: 21:00 – 23:00h
Lugar: Sede de Fecimo
Custo: Gratuíto para empresas asociadas.
LÍMITE DE INSCRICIÓNS O MÉRCORES 7 DE NOVEMBRO ÁS 12:00H