07
Xul
2017
12 Feira de Oportunidades
Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments
A organización da Feira de Oportunidades do Morrazo mellorou a participación de expositores e descontos na súa 12ª edición
Celebrouse como ven sendo habitual nos Xardíns do Sinal (Alameda Nova) en Cangas os días 7, 8 e 9 de Xullo.
Os 31 QUE PARTICIPARON NESTE EVENTO proceden de sectores moi variados e valeiraron o seu stock con descontos de ata un 70%, conseguindo deste xeito que os milleiros de asistentes puidesen atopar e facerse con verdadeiras gangas dado a relación calidade-prezo dos produtos ofertados polas tendas locais.
OS 31 PARTICIPANTES NESTA 12 EDICIÓN FORON:
Moda Home/Muller e Complementos
- Atrezzo
- Axeito
- Babel Zapatería
- Box Woman
- Carmen Davila
- Coruxa
- Glamour
- Imagen Complementos
- Merca Precio
- Mercaroupa
- Mercería Ramona
- Mimá Zapatos
- Óptica Studio
- Oxford Boutique
- Rincón de Po
- Tiendas Pillados
- Urban Circus
- Zap Zapatería
- Moda infantil
- 7 Colores
- Maxibebé
- Trasnos, Calzado Infantil
- Xoaniña
Beleza
- Soapel Shop
Deportes
- Deportes Dynamis
- Deportes Oliver
- Plusmarca
Equipamento do Fogar e Decoración
- El Siete Cocina
- Entorno-4, Interiorismo
- La Sastrería, Decoración
Informática
- Informática y Tecnología Logos
Mascotas
- Bechos
Os carteis da 12ª Feira de Oportunidades do Morrazo luciron nas rúas de toda a Comarca en gran formato e os elementos publicitarios deseñados pola organización, tamén estiveron presentes nas portas e os escaparates das empresas participantes, asi coma un reparto de folletos informativos coa relación das 31 empresas participantes.
Paralelamente na difusión en medios, este ano cabe destacar, ademais da presencia publicitaria no Faro de Vigo, a publicidade de pago en redes sociais como Facebook que nos permitiu chegar moi rapidamente a mais de 40.000 persoas da Comarca e da súa area de influencia.