• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

10

Xan

2019

Un ano máis, o comercio do Morrazo asociado a FECIMO organizou a súa tradicional Campaña de Nadal que reparte cuantiosos premios entre aqueles que fan as suas compras no Comercio Local.

FECIMO – Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo organiza esta campaña que conta coa colaboración da Xunta de Galicia – a través da Dirección Xeral de Comercio – a Deputación de Pontevedra e  ABANCA.

Esta campaña conta coa participación de perto de 200 empresas, integradas nas asociacións locais de BUEU, CANGAS e MOAÑA, de diversos sectores e actividades (na súa maioría comercio, pero tamén hostalaría, saúde e beleza, estacións de servizo, etc.), que luciron as súas mellores galas cun material decorativo conxunto que presentou unha imaxe moderna pero que empregou as cores máis  tradicionais do nadal.

Onde hai Comercio Local hai Maxia no Nadal”, con este slogan de FECIMO, o comercio de proximidade lanzou unha mensaxe claramente dirixida a reforzar a idea de que nestas datas, nas rúas e nos comercios, é onde reside a verdadeira maxia do Nadal, e son unhas datas especialmente importantes para que o público lembre quen son os que enchen de luz, de “Maxia” e de vida as rúas das súas vilas.

Durante a primeira semana de Decembro os comercios recibiron o material para decorar os seus establecementos, así como elementos para a paquetería e bolsas especialmente deseñadas para o Nadal que reforzan a imaxe conxunta e o valor do tecido empresarial da contorna.

Esta edición da Campaña comezou o día 5 de Decembro de 2018 e rematou o día 6 de Xaneiro de 2019.

A campaña máis tradicional da federación, conta co sistema máis moderno de participación. Un sistema sinxelo para os clientes, que garante que todos os premios se reparten entre as persoas participantes na campaña, e que se contacte de xeito doado cos/as premiados/as, sabendo no momento o establecemento que deu o premio.

A participación, coma nos últimos anos, realizarase a través duns códigos alfanuméricos que se deben rexistrar na páxina web: www.compranomorrazo.com, para saber no instante se hai premio ou non.

FECIMO puxo en circulación máis de 120.000 boletos con códigos que se puideron conseguir coas compras realizadas nos establecementos asociados a esta campaña dende o mércores día 5 de decembro de 2018, día no que se abriu tamén a web coa imaxe da campaña e que estivo vixente ata o día 7 de xaneiro de 2019.

A este sistema de sorteo puido accederse dende o ordenador, así como a través do móbil ou tableta, e para quenes non están familiarizados con estes sistemas, dende as oficinas da Federación e o comercio local, prestouse a axuda necesaria.

Repartironse máis de 7.000 euros en premios.

Premios que chegan aos clientes como cheques-compra e que poden empregar, ata o día 10 de febreiro, exclusivamente nas empresas participantes nesta campaña.

Os premios foron repartidos do seguinte xeito:

6 PREMIOS DE 300 €

9 PREMIOS DE 200 €

12 PREMIOS DE 100 €

45 PREMIOS DE 50 €

A Federación continúa con este reparto de premios tralo éxito acadado na pasada edición onde foi moi ben recibido o aumento do número de gañadores en tódalas vilas.

PREMIOS DOS PROPIOS ESTABLECEMENTOS

Este ano como novidade os establecementos puideron engadir premios para sortear entre os seus propios clientes empregando os boletos e o sistema informático do sorteo dun xeito moi sinxelo.

Establecementos como I.T. Logos, Belavista, Tecnosat, Máis que Curvas ou Oxford Boutique empregaron o sistema para repartir premios que foron dende accesorios informáticos, vales desconto, roupa e complementos de marca, ata perfumes de gama alta cos que sorprenderon a os seus propios clientes.

OUTRAS CAMPAÑAS