25
Nov
2018
Cangas en Negro
Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments
EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE CANGAS, FECIMO traballa na difusión da campaña, selección e reparto de elementos identificativos cos seus asociados.
Esta Campaña de conciencia social que se está a desenvolver no Concello de Cangas busca levar a os viandantes unha clara mensaxe contra calquera tipo de maltrato contra as mulleres mediante a decoración dos escaparates con elementos que portan mensaxes claros e concisos en prol da defensa das mulleres.
É por este motivo que calou profundamente no sector comercio, que aproveita a data da súa celebración, o 25 de novembro, para lanzar unha mensaxe común a que cada ano vanse sumando mais establecementos.
Fecimo, comprometida activamente con esta mensaxe, actúa como facilitadora entre Concello e os seus asociados para a selección, entrega de elementos e difusión da mensaxe entre os seus asociados.