01
Abr
2019
A PRIMAVERA MÁIS TOP NO COMERCIO LOCAL
Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments
A PRIMAVERA MÁIS TOP NO COMERCIO LOCAL DO MORRAZO é unha campaña deseñada para premiar as compras dos clientes do comercio local co sorteo de 600 euros en premios.
O sorteo realizase coa introdución dos códigos recibidos polas compras, na web www.compranomorrazo.com e no mesmo instante saberán se resultaron premiados. Pero ademais dos premios que aporta Fecimo son moitos os establecementos que empregan a usabilidade que permite a plataforma do sorteo para aportar os seus propios premios para os seus clientes, deste xeito cando un cliente merca nun comercio local ademais do premio económico de Fecimo pode gañar vales de servizos ou produtos co mesmo boleto, polo que é indicado que o cliente garde o seu boleto ata que remate a campaña.É unha campaña chea de color, de vida e humor que trata de sacar un sorriso nos clientes e facer que así disfruten das súas compras.
O Material de campaña composto por Vinilos para os escaparates, folletos, pósters e boletos de participación xa foi repartido entre os máis de 130 establecementos participantes da comarca e que xa están preparados para recibir a nova estación do ano con moitas ganas e bo humor.
Este ano ademáis dos premios de fecimo os establecementos sortearon premios entre os seus propios clientes grazas a plataforma informática de FECIMO e o sistema de códigos deste xeito, os clientes tiveron en moitos casos o dobre ou o triple de posibilidades de levar un premio polas compras realizadas nos seus comercios locais do Morrazo.
Estes foron os gañadoras e gañadores a as tendas onde foron entregados os boletos:
Jorge Gago Iglesias, premiado con 100 € en OXFORD BOUTIQUE
Maite Durán Santomé, premiada con 100 € en PELUQUERÍA ESTELA
María Antonia Pereira Dominges, premiada con 100 € en LA PELU CANGAS
Margarita Sotelo Calvar, premiada con 50 € en PARAFARMACIA BOUBETA
Noelia Acuña Chapela, premiada con 50 € en CINDERELA
Juan Antonio Fernández Fandiño, premiado con 50 € en LUIS HERNÁNDEZ ÁLVAREZ, S.L.
Laura Entenza Martínez, premiado con 50 € en GALIKAYAK-GALIBIKE
Encarna Naharro Mañez, premiada con 50 € en ALEALI ZAPATERÍA INFANTIL Y JUVENIL
Francisco de Borja Álvarez Dacosta, premiada con 50 € en CANWASH