• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

25

Mai

2022

Axudas para Transformación Dixital e Modernización do sector Comercial e artesanal

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

A Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Dirección Xeral de Comercio ven de publicar unha subvención para a transformación dixital e modernización do sector Comercial e artesanal

O comercio retallista é un sector en constante evolución que ten que adaptarse á realidade actual e dar resposta aos novos hábitos de compra das persoas consumidoras.

Por unha banda, a modernización da actividade comercial e artesanal é fundamental para incrementar a competitividade do sector, ofrecendo produtos de calidade e deseños únicos e personalizados que melloren a experiencia de compra da clientela e contribúan a afianzar o recoñecemento dos establecementos comerciais retallistas e o seu posicionamento no mercado. 

Por outra banda, a dixitalización é un reto ineludible para o sector comercial galego.

Durante a pandemia da COVID-19, as medidas sanitarias adoptadas influíron dun xeito indubidable na actividade social e económica, afectando especialmente o sector comercial e artesanal. Neste contexto, e como consecuencia das limitacións de capacidades e restricións de mobilidade implementadas na Comunidade Autónoma, os establecementos comerciais víronse obrigados a buscar outras canles de comercialización e a incorporar, de forma repentina, ferramentas para a súa dixitalización.

Na actualidade, tras os efectos derivados da crise sanitaria, os comercios retallistas e os obradoiros artesáns teñen que adecuarse á nova realidade e introducir novas tecnoloxías dirixidas a transformar dixitalmente os seus negocios dunha forma progresiva e coherente coas necesidades do sector. Con este fin, establécense nesta orde de axudas dous módulos distintos en función do grao de dixitalización dos comercios e obradoiros artesáns: o módulo I ten por obxecto a dixitalización básica da contorna comercial omnicanle e a posta en marcha da actividade comercial con venda en liña, mentres que o módulo II comprende a mellora das ferramentas de márketing dixital e dos sistemas dixitais, así como outras actuacións de dixitalización comercial.

Dende FECIMO tramitaranse estas axudas ás empresas asociadas que o desexen, tendo que en conta que se admitirá documentación ata o 17 de xuño, aínda que o prazo de recepción de solicitudes da Xunta de Galicia será o vindeiro 23 de xuño.

Histórico