• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

23

Nov

2022

XA ESTÁ AQUÍ A CAMPAÑA DE NADAL “TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL”

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Xa estamos no Nadal! E con él chega o sorteo de premios máis agardado da nosa Comarca. Con esta nova edición da campaña de Nadal de FECIMO, celebramos un ano máis estas datas de ledicia agasallando a fidelidade dos clientes das empresas do Morrazo.

*TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL* Baixo este slogan procuramos enviar a mensaxe aos consumidores de que eles son os verdadeiros protagonistas do nadal para as empresas do Morrazo.

A continuación informamosvos do funcionamento da promoción e os premios que se sortearán nestas datas tan especiais.

¿COMO FUNCIONA A CAMPAÑA? 
 

Cada vez que un cliente consuma nun comercio ou empresa participante entre o 5 de Decembro de 2022 e o 8 de Xaneiro de 2023 optará a diferentes premios directos e ó sorteo dun gran premio final en cada unha das localidades participantes.

Con cada compra (compra mínima de 10 euros) o cliente recibirá (por parte do establecemento) boletos con códigos alfanuméricos.

 
O cliente entrará na páxina web: www.comerciodomorrazo.com e introducirá o código para saber se resulta premiado con algún dos premios instantáneos que se sortean. 
 
É moi importante gardar o código de participación, aínda que non resulte premiado cun premio instantáneo, xa que tódolos códigos rexistrados e non premiados cun premio instantáneo entrarán no GRAN SORTEO FINAL que se celebrará o luns 9 de xaneiro, entre os que se sortearán 4 PREMIOS DE 1.000€.
 
PREMIOS
 
*15.000€ en premios* distribuidos do seguinte xeito:
 
– 11.000 € en premios directos durante o funcionamento da campaña.
– 4 PREMIOS de 1.000€ (1 por localidade) para o GRAN SORTEO FINAL
 
(Tódolos premios entregaranse en TARXETAS REGALO DO COMERCIO LOCAL para gastar exclusivamente nos establecementos participantes na campaña).

Histórico