• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

09

Set

2017

Bueu, ten un comercio de película

Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments

Un ano máis chegou a Bueu o Festival Internacional de Curtametraxes – FIC Bueu – que desenvolverá a súa novena edición entre o 9 e o 16 de setembro, un dos eventos máis multitudinarios da vila e que cada vez máis conta cun lugar destacado na axenda do Concello.

Dende FECIMO apoiase o crecemento do festival e organízase unha campaña para dinamizar o comercio local nesa mesma semana, creando un ambiente de cine coa parte máis visible das empresas asociadas: os seus escaparates.

As empresas participantes colocan vinilos decorativos en base a elementos cinematográficos e cada unha contará cun personaxe de película que porta dalgún xeito o logo do FIC Bueu: a ánfora San Martiño exposta no Museo Massó.

A lista dos 28 establecementos participantes e decorados é a seguinte:

AIO ELECTRODOMESTICOS
AMANDO FOTÓGRAFOS
BELAVISTA ÓPTICA E OPTOMETRÍA
CARMEN DAVILA
CENTRO DE FISIOTERAPIA NOVE
DYNAMIS DEPORTES
EL HILO ROJO BOUTIQUE
ELI BONET
EUGENIO BLANCO ÓPTICOS
FERRAXERÍA CENTRA
JOYERIA CASTRO
JUGUETERIA EL PARQUE
LA FIORENTINA

 

 

LIBRERÍA ABRENTE
LIBRERÍA MARPAU
LIBRERÍA MIRANDA
MAXIBEBÉ
MERCAPRECIO
MERCAROUPA MODA INFANTÍL
MERCERIA MERCAROUPA
MUEBLES DE COCINA COMEDEIRO
NOUTRORA INFORMATICA
ÓPTICA BUEU
OXFORD BOUTIQUE
PADÍN JOYEROS
PANADERÍA AMADOR
REGALÍA
XOANIÑA

A CAMPAÑA

Ademáis dos chamativos escaparates que lucian personaxes do cine como Iron Man, Raio McQueen, Gollum, Marylin Monroe, Optimus Prime ou King Kong entre outros, os clientes puideron participar nesta semana dun sorteo de premios en cheques- compra nestes establecementos “de película”.

Os clientes dos establecementos reciben boletos de participación coas súas compras, que deben selar no comercio e cubrilos cos seus datos de contacto. Nesta edición tiveron do venres 8 ao sábado 16 para participar.

OS PREMIOS

Os premios a sortear consistiron en : 1 premio de 100€ e 4 premios de 50€

Os cinco premios foron entregados en cheques compra para canxear nos establecementos asociados de Bueu, cun prazo dun mes para ser empregados.

O sorteo levouse a cabo o sábado día 16 de setembro coincidindo coa Gala de entrega de premios do FIC Bueu. 

A organización síntese comprometida coa imaxe da vila de Bueu nesa semana chea de cultura, gastronomía e actividades paralelas, amosando ao público a cara divertida do comercio local.

OUTRAS CAMPAÑAS