• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

19

Nov

2019

AMODIÑA VIII – PASARELA DE MODA DO MORRAZO

Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments

A VIII edición da pasarela de moda do comercio do morrazo AMODIÑA encheu de cor e moda o contorno do palco da música de Moaña nunha noite onde a moda e o espectáculo foron protagonistas.

Este ano a pasarela aumentou o número de participantes na exposición das súas coleccións de roupa, de modelos infantís e de público, mellorando tódolos rexistros das edicións anteriores. Os 35 expositores e máis de 80 modelos, entre cativos, profesionais e non profesionais sumados a boa organización de Fecimo conseguiron que as 3.000 persoas que aproximadamente se deron cita neste evento da noite moañesa gozasen dun gran espectáculo.

amodiña
amodiña

Cun presentador, Duarte Galbán, que con grandes doses de humor animou a un público entregado a moda e cos bailes BOOMBOX, e ás actuacións de THE BROKE o espectáculo conseguiu que o público ficase sentado nas súas cadeiras ata un final no que a pirotecnia foi protagonista enchendo de luces e cores a noite de Moaña.

ENLACES MULTIMEDIA

OUTRAS CAMPAÑAS