19
Nov
2019
AMODIÑA VIII – PASARELA DE MODA DO MORRAZO
Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments
![2x2 65_9x98_2mm](https://fecimo.es/wp-content/uploads/2019/11/2x2-65_9x98_2mm.jpg)
A VIII edición da pasarela de moda do comercio do morrazo AMODIÑA encheu de cor e moda o contorno do palco da música de Moaña nunha noite onde a moda e o espectáculo foron protagonistas.
Este ano a pasarela aumentou o número de participantes na exposición das súas coleccións de roupa, de modelos infantís e de público, mellorando tódolos rexistros das edicións anteriores. Os 35 expositores e máis de 80 modelos, entre cativos, profesionais e non profesionais sumados a boa organización de Fecimo conseguiron que as 3.000 persoas que aproximadamente se deron cita neste evento da noite moañesa gozasen dun gran espectáculo.
![amodiña amodiña](https://fecimo.es/wp-content/uploads/2019/11/01.jpg)
![amodiña amodiña](https://fecimo.es/wp-content/uploads/2019/11/02.jpg)
Cun presentador, Duarte Galbán, que con grandes doses de humor animou a un público entregado a moda e cos bailes BOOMBOX, e ás actuacións de THE BROKE o espectáculo conseguiu que o público ficase sentado nas súas cadeiras ata un final no que a pirotecnia foi protagonista enchendo de luces e cores a noite de Moaña.
ENLACES MULTIMEDIA