24
Nov
2017
Black Freeday 2017
Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments
O BLACK FRIDAY celébrase o venres seguinte ao último xoves do mes de novembro, e é coñecido en terras americanas como o día que dá o pistoletazo de saída para as compras de Nadal. Durante 24 horas os comercios lánzanse a un remuíño de ofertas, rebaixas, descontos e promocións.
Dende FECIMO puxemos en marcha unha campaña de promoción que vai en paralelo e que multiplica o atractivo desta campaña: os BLACK FREEDAYS.
A Campaña consiste no sorteo de Cheques-compra que se suman a os descontos propios desta semana e que farán que os gañadores ademais poidan conseguir que o valor da súa compra lle sexa devolto para voltar a mercar no comercio local.
Fecimo como xa ven sendo habitual dende que comezou a apoiar o Black Friday apoia o comercio coa realización da campaña promocional na que se incluen o Deseño das ofertas, o súa difusión online a través das súas webs e redes sociais, axudando a que deste xeito os clientes poidan atopar a todos os comercios asociados.