• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

18

Out

2018

BUEU COMERCIO DE PELÍCULA 2018

Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments

Un ano máis chegou a Bueu o Festival Internacional de Curtametraxes – FIC Bueu – que desenvolveu a súa novena edición entre o 9 e o 16 de setembro, un dos eventos máis multitudinarios da vila e que cada vez máis conta cun lugar destacado na axenda do Concello.

Dende FECIMO apoiase o crecemento do festival e organizouse por terceiro ano consecutivo, unha campaña para dinamizar o comercio local “Bueu ten un comercio de Película”.

Coincidindo na mesma semana do FIC Bueu e dende o 8 ata o 16 de setembro, Fecimo creou cos seus asociados un ambiente festivo adicado ao cine na parte máis visible dos establecementos, os seus escaparates.

As empresas participantes colocaron decorativos vinilos en base a elementos cinematográficos e famosos personaxes de película, que portaban dalgún xeito o logo do FIC Bueu, a ánfora San Martiño exposta no Museo Massó.

Ademais dos vistosos escaparates, a Federación puxo en marcha unha campaña fidelización a través da páxina web www.compranomorrazo.com, na que os clientes puideron participar no sorteo de 10 premios de 50€ en vales compra. Para poder participar, os clientes debían rexistrarse na propia páxina, dando de alta os códigos alfanuméricos recibidos polas compras realizadas durante esas datas, nos establecementos participantes.

OUTRAS CAMPAÑAS