16
Dec
2017
Campaña de Nadal 2017
Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments
FECIMO recibiu o Nadal coa súa tradicional campaña que reparte cuantiosos premios entre aqueles que confían no comercio de proximidade nestas datas festivas. A organización corre a cargo de FECIMO – Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia – a través da Direción Xeral de Comercio – a Deputación de Pontevedra e ABANCA.
Esta campaña contou coa participación de arredor de 200 empresas, integradas nas asociacións locais de BUEU, CANGAS e MOAÑA, de diversos sectores e actividades (na súa maioría comercio, pero tamén hostalaría, saúde e beleza, estacións de servizo, etc.). Luciron as súas mellores galas con material decorativo conxunto basado nunha imaxe chea das cores do nadal.
“O Nadal é mais grande no pequeno comercio”, con este slogan FECIMO encheu comercios e rúas con unha mensaxe claramente dirixida a reforzar a compra nos pequenos comercios do morrazo. Nestas datas é especialmente importante que o público lembre quenes son os que enchen de luz, servicios e vida as rúas das súas vilas.
Os comercios recibiron o material para decorar os seus establecementos, así como elementos para a paquetería e bolsas de Nadal.
A pesar de ser a campaña máis tradicional da federación, conta cun sistema de participación modernizado, que se mellora ano a ano para que sexa sinxelo para os clientes, que garante que todos os premios toquen, que se contacte de xeito doado cos/as premiados/as, e que se saiba no momento o establecemento que deu o premio.
A participación foi coma nos últimos anos, a través duns códigos alfanuméricos que se rexistraron na páxina web: www.compranomorrazo.com, e que permitiron saber no instante se o participante tiña premio ou non.
FECIMO puxo en circulación mais de 120.000 boletos con códigos nas tendas do Morrazo, que se puideron conseguir coas compras realizadas a partir do martes día 5 de decembro de 2017, día no que se abriu tamén a web coa imaxe da campaña. Estivo vixente ata o día 7 de xaneiro de 2018.
Coma sempre, puido accederse ao sistema dende o ordenador, así como a través do móbil ou tableta. E para quen non esta familiarizado con este sistema, dende as oficinas da federación prestouse a axuda necesaria.
Repartironse máis de 7.000 euros en premios. Os premios materialízaronse en cheques-compra para utilizar exclusivamente nas empresas participantes e no prazo dun mes dende a finalización da campaña.
O obxectivo e novidade desta edicición foi o aumento do número de premiados polo aumento de cantidade de premios a repartir. Un gran número de veciños e veciñas foron os agraciados no sorteo de nadal.
6 PREMIOS DE 300 €
9 PREMIOS DE 200 €
12 PREMIOS DE 100 €
45 PREMIOS DE 50 €
As novidades a este respecto e que a contía total a sortear aumentarou neste 2017 en mais de 1000 euros e que os grandes premios que se entregaban no sorteo final agora pasan a converterse en moitos mais premios directos de 300, 200 e 100 euros para que o numero de gañadores aumentando en todas as vilas.