• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

01

Abr

2019

CAMPAÑA DE NAMORADOS DO COMERCIO LOCAL DO MORRAZO “TEMOS UNHA CITA NO COMERCIO LOCAL”

Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments

A primeira campaña deste 2019 foi a campaña dos namorados, que ven enmarcada no tradicional día de San Valentín, 14 de febreiro, e busca facer das compras relacionadas desas datas algo atractivo nos comercios asociados a Federación, para isto, Fecimo preparou unha Campaña de promoción na procura de premiar e fidelizar aos clientes.

 

Baixo o nome “Temos unha cita no comercio Local” a Federación organizou unha campaña na que participaron 120 empresas de Bueu, Cangas e Moaña e que repartiron 600 euros en premios, entregados aos gañadores dos sorteos de 3 premios de 100€ e 6 premios de 50€ (en cheques compra), que sairon de entre todos aqueles clientes que compraron nos establecementos participantes na campaña e que rexistraron os códigos dos seus boletos na web www.compranomorrazo.com

Os establecementos participantes nesta campaña recibiron material de forma gratuíta deseñado pola Federación e que os fixo facilmente identificables para os clientes dos establecementos do Morrazo.

Este ano ademáis dos premios de fecimo os establecementos sortearon premios entre os seus propios clientes grazas a plataforma informática de FECIMO e o sistema de códigos deste xeito, os clientes tiveron en moitos casos o dobre ou o triple de posibilidades de levar un premio polas compras realizadas nos seus comercios locais do Morrazo.

OUTRAS CAMPAÑAS