• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

06

Dec

2017

Cangas “Defensa da Vila”: “O Mapa da Resistencia”

Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments

O Concello de Cangas conmemorando no 2017 os 400 anos da “Defensa da Vila” deseñou un amplo programa de actividades, no apoio desta iniciativa, FECIMO, e dende o Venres 1 ata o Domingo 10 de decembro, e no que foron os días mais relevantes da conmemoración, sumou unha nova campaña no pequeno comercio para apoiar o evento da memoria histórica da vila de Cangas: “O Desembarco Turco en Cangas” / “O Mapa da Resistencia”. 

Dende FECIMO puxemos en marcha unha campaña de promoción que vai en paralelo con outras actividades do Concello. Tratase dunha campaña con premios económicos para aquelas compras que se realizacen nos establecementos marcados nun “Antigo Mapa” de Cangas como os “Mercaderes da Resistencia”, así os clientes cando fan unha compra axudan a que o comercio medre axudando a “resistir” e conseguindo un boleto con que poden participar nun sorteo de 300 euros en cheques-compra. Estes poderán ser usados durante o período de compra de Nadal de tal forma que todo faga medrar o valor e ventas do pequeno comercio.

OUTRAS CAMPAÑAS