• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

15

Dec

2017

Gymkhana Infantil de Nadal

Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments

A gymkhana infantil “Ulo meu oficio” foi organizada a través de FECIMO – Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo coa colaboración de 92 comercios asociados. Nesta edición os cativos tiveron que resolver certas probas relacionadas cos oficios do seu entorno e o idioma galego.

A federación propuxo por sexto ano consecutivo esta iniciativa coa que os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos están activos  durante o lecer do Nadal, convidándoos a utilizar o galego de xeito diario e normalizado.

Desta vez atoparonse con probas relacionadas cos oficios e o vocabulario relacionado con estes (ferramentas, productos, espazos de traballo, etc.) A organización pretende así familiarizalos dunha forma lúdica e participativa coa idiosincrasia dos comercios, empresas e actividades profesionais das súas vilas.

Os nenos e nenas contan cun mapa e cartilla no que aparecen os establecementos participantes.

FECIMO agradece a colaboración dos centros de ensino da comarca para a entrega deste material aos seus alumnos, apostando por esta actividade cutural. 

A mecánica do xogo é sinxela: en cada tenda que tiñan marcada no mapa houbo unha proba diferente que debian resolver. Se acertaban, recibirán un selo na casilla correspondente, e deste xeito, ata que conseguisen resolver tantas probas como lle foron requeridas nas instrucións.

Unha vez conseguido, cubriron o folleto cos seus datos persoais e o depositaron en calquera das tendas participantes, en Fecimo ou ben o día do sorteo de premios na furna habilitada pola organización.

Unha vez finalizado o prazo para facer as probas, realizaronse os sorteos en cada vila cos mapas recibidos, no marco dunha gran festa con actividades de animación para todos os pequenos e as súas familias.

Os premios a entregados por localidade foron: unha Tablet, Unha grande cesta de Nadal infantil e outros premios sorpresa para os participantes que asistiron ás festas de animación.

Esta campaña está incluida no Proxecto de Dinamización de FECIMO 2017 para accións de incentivación da demanda comercial da comarca do Morrazo que conta co financiamento da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio, da Deputación de Pontevedra e de ABANCA.

OUTRAS CAMPAÑAS