• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

10

Xan

2019

gymkhana infantil nadal 2018

Por, Fecimo CAMPAÑAS Comments: no comments

Os mais cativos foron os protagonistas desta campaña complemetaria ao Nadal que Fecimo voltou a organizar por sétimo ano consecutivo.

Cun aumento da participación de establecementos, nesta edición, no total entre Bueu, Cangas e Moaña, foron máis de 100 os comercios que recibiron as preguntas ás que logo os nenos de entre 4 e 14 anos debían responder.

Baixo o nome: “Exploradores do Morrazo: Descubrindo os nosos animais”, os pequenos, tiveron nesta edición o desafío de contestar preguntas sobre os hábitos, a natureza e a fisionomía da nosa fauna.

As preguntas como tódolos anos estaban divididas en dos niveles para os rangos de idades comprendidas de 4 a 8 e de 9 a 14 anos, sendo fáciles e un pouco máis difíciles nos respectivos casos, pero sempre na procura da dinamización e uso do galego, sendo en alguns casos un desafío lingüístico ademais dunha simple pregunta sobre os animais.

A mecánica da gymkhna presentou o mesmo esquema que en edicións anteriores: Os cativos dispuxeron dun mapa cos establecementos de cada localidade que nesta edición incluía 30 establecementos en Bueu, 43 en Cangas e 33 en Moaña. Logo cada participante debía recorrer estes comercios respondendo adecuadamente as preguntas que nestes se lles plantexaron para obter o número de selos mínimo que logo lles daría aceso aos sorteos de premios que posteriormente foron realizados en cada localidade.

Unha vez conseguido puideron depositar os seus mapas nos establecementos da súa localidade, nas oficinas de Fecimo ou entregalos o día do sorteo na furna habilitada pola organización.

Un amplo equipo de animadores baixo a coordinación do persoal técnico de FECIMO foron os encargados de dinamizar a contorna para que as familias e os cativos disfrutarasen dunhas festas finales nas que puideron disfrutar de:

Obradoiros de Globoflexias

Obradoiros de Maquillaxes

Obradoiros Pinta- Nadal

Zonas de xogos e Actividades de animación dirixidas.

Cartas de Reis e un Buzón para que os nenos e nenas pedisen os seus desexos

Nun punto determinado da tarde realizaronse en directo os sorteos de premios para tódolos que fixeron e entregaron a súa Gymkhanas.

En cada localidade, a organización levou as furnas con tódolos folletos recibidos e coa axuda dunha man inocente sacou aos gañadores/as de:

1º Premio: unha Tablet

2º Premio: Unha gran cesta de Nadal infantil

Para estes premios non foi necesario que estivesen presentes o gañadores/as, aínda que tan só foron dous de entre tódalas localidades aos que houbo que contactar por telefono xa que os outros gañadores atopábanse disfrutando da festa.

A Federación sorteou outros premios para os pequenos que estaban presentes na festa.

Ademáis ao rematar as festas e os sorteos, serviuse a tradicional CHOCOLATADA con Roscón para todos os asistentes.

Estas festas foron de grande acollida entre os nenos e as súas familias, constatando un aumento no número de mapas recibidos nas furnas das localidades e no número de nenos e nenas participantes. 

OUTRAS CAMPAÑAS