• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

17

Set

2019

MERCA VERÁN NO MORRAZO 2019

Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments

Do día 12 ao 30 de Xuño Fecimo puxo en marcha unha campaña que repartiu 600 euros en premios entre os clientes do Comercio Local da Comarca.

Máis de 110 establecementos de Bueu, Cangas e Moaña sumáronse a “MERCA VERÁN” unha campaña que premiou a fidelidade dos clientes do comercio local e que entre fixeron unha compra nas datas citadas. Estes clientes do comercio local recibiron un boleto cun código co que participaron na web www.compranomorrazo.com e nese mesmo intre souberon se resultaran gañadores dalgún dos premios de 100 € ou 50 € que Fecimo repartiu.

Como ven sendo habitual a Campaña foi entregada en días previos nos establecementos onde o persoal da Federación fixo o reparto coa entrega de Cartelería, Vinilos decorativos e os boletos de participación, ademais de novos expositores de metacrilato cos que a Federación trata de reducir o consumo de papel xa que serán o soporte para información aos clientes nos establecementos e que axudarán a reducir as tiradas de folletos que se facían anteriormente.

Estes foron os gañadoras e gañadores a as tendas onde foron entregados os boletos:

Manu Bernardez, premiado con 100 € en INNOVA ÓPTICA

Roberto Carlos Santos Férnandez, premiado con 100 € en FOTO MARCIAL

Alberto da Cruz Serefim, premiado con 50 € en PELUQUERÍA ALBERTO

Cristina Sineiro, premiada con 50 € en ÓPTICA STUDIO CANGAS

David Vasconcellos, premiado con 50 € en MERCAROUPA CANGAS

Salvador Dios, premiado con 50 € en APP INFORMÁTICA MOAÑA

Begoña del Carmen Pastoriza, premiada con 50 € en LA BARATA  

 

OUTRAS CAMPAÑAS