• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

17

Set

2019

O MORRAZO, TEN UN COMERCIO DE PELÍCULA

Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments

Para celebrar, un ano máis, o crecemento en Bueu do Festival Internacional de Curtametraxes – FIC Bueu, un dos eventos máis multitudinarios desta vila, Fecimo celebrou unha campaña paralela para dinamizar o comercio local en TODO O MORRAZO nesa mesma semana, aproveitando o ambiente creado polo certame.

Baixo o nome “Bueu, ten un comercio de película”, a Federación, celebraba este ano a súa cuarta edición desta campaña na vila, pero na procura de ampliar a celebración deste festival internacional a toda a comarca, esta campaña, fíxose extensiva as vilas de Cangas e Moaña pasando a chamarse “O Morrazo, ten un comercio de película”.

A Campaña repartiru 600 euros en premios e que foron entregados aos gañadores dos sorteos de 12 premios de 50€ (en cheques compra) e que sairon de entre todos aqueles clientes que compraron nos establecementos participantes na campaña e que recibiron un boleto de participación que contiña un código que introduciron xunto cos seus datos na recentemente presentada web www.comerciodomorrazo.com

Do mesmo xeito, a federación, que colaborou co FIC BUEU, sorteou 5 bonos para a sección oficial FIC BUEU e 10 entradas para a Gala de entrega de Premios do festival.

Os establecementos participantes desta campaña tiveron exposto o material promocional distintivo desta campaña que lles foi entregado por Fecimo e que os fará facilmente identificables, sobre todo na vila de Bueu, onde, como xa se fixo en pasadas edicións, ademais do material promocional, Fecimo, deseñou e encargou a decoración con vinilos de motivos cinematográficos dos máis de 40 establecementos participantes para crear un maior ambiente en consonancia co Festival.

Ver galería de escaparates en Facebook

OUTRAS CAMPAÑAS