• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

14

Feb

2018

“Namorado de tí. O teu Comercio quérete !”

Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments

A campaña dos namorados, ven enmarcada no tradicional día de San Valentín, 14 de febreiro, e busca facer das compras relacionadas nestas datas algo atractivo nos comercios asociados a Federación, para isto, Fecimo preparou unha Campaña de promoción na procura de premiar e fidelizar aos clientes mediante dúas accións combinadas.

Baixo o slogan “Namorado de ti. O teu Comercio Quérete” presentouse unha campaña na que participan 90 empresas que reparten 400 euros en premios e que serán entregados aos gañadores dos sorteos de 4 premios de 100€ en cheques compra e que sairán de entre todos aqueles clientes que cubran os seus datos nos boletos que lles serán entregados nos establecementos participantes  e que poderán distinguir polos folletos e carteis identificativos que lucirán nos mesmos.

Por outra banda, os establecementos disporán dun divertido material que permitirá que clientes e comerciantes poidan facerse fotos demostrando o seu amor polo comercio. Estas poderán ser enviadas polos clientes ou polos establecementos a Fecimo onde procederemos a publicalas ata o día 18 e poderán ser votadas en facebook ata o día 23 de febreiro, data na que será escollida a que mais “me gusta” teña e definirá ao gañador ou gañadora de dous ceas valoradas en 100 euros unha para o/a cliente/a e a outra para o establecemento onde se fixo a foto e que poderán disfrutar nalgún dos establecementos de hostalería asociada a Federación da nosa Comarca.

OUTRAS CAMPAÑAS