• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

18

Out

2018

XIII FEIRA DE OPORTUNIDADES

Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments

O municipio de Cangas acolleu por décimo terceiro ano consecutivo este evento que sumou a máis de 30 establecementos de Cangas, Bueu e Moaña procedentes de sectores moi variados e que crearon unha oferta de produtos que serviu como reclamo para unha excepcional acollida do evento polo público.

Celebrouse como ven sendo habitual nos Xardíns do Sinal (Alameda Nova) en Cangas os días 6, 7 e 8 de Xullo, onde os establecementos valeiraron o seu stock con descontos de ata un 70%, conseguindo deste xeito que os milleiros de asistentes puidesen atopar e facerse con verdadeiras gangas dado a relación calidade-prezo dos produtos ofertados polas tendas locais.

Os carteis da 13ª Feira de Oportunidades do Morrazo luciron nas rúas de toda a Comarca en gran formato e os elementos publicitarios deseñados pola organización, tamén estiveron presentes nas portas e os escaparates das empresas participantes, así coma un reparto de folletos informativos coa relación das empresas participantes.

Paralelamente na difusión en medios, nesta edición cabe destacar, ademais da presencia publicitaria nos medios de prensa e radio, a publicidade de pago en redes sociais como Facebook que nos permitiu chegar moi rapidamente a mais de 40.000 persoas da Comarca e da súa área de influencia.

Os comerciantes que participaron no evento expresaron a súa satisfacción ante os resultados obtidos e aseguraron, na maioría dos casos, que foi un éxito, vendo cumpridas as súas expectativas de vendas.

Este espazo feiral de, aproximadamente, 1.000 m2, serve ademais de canle para a venda de stock, tamén, de escaparate para promover as empresas participantes e achegalos a novos clientes potenciais.

FECIMO ORGANIZOU PARALELAMENTE O SORTEO DE 1.000 € EN PREMIOS

Dende Fecimo e para incentivar as compras aos clientes púxose en marcha o sorteo de máis de 1.000 euros en premios directos mediante a nosa plataforma dixital de sorteos. Os establecementos repartiron durante a feira uns 8.000 boletos codificados que permitiron aos participantes saber no mesmo intre se resultaran premiados e canxealos premios na caseta da organización.

OUTRAS CAMPAÑAS