16
Xul
2019
XIV FERIA DE OPORTUNIDADES DO MORRAZO
Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments
Este ano tivo lugar a edición número 14 da feira de oportunidades do Morrazo no municipio de Cangas, onde preto de 30 establecementos de Cangas, Bueu e Moaña e procedentes de sectores moi variados e que crearon unha oferta de produtos que serviu como reclamo para unha excepcional acollida do evento polo público.
Celebrouse como en pasadas edicións nos Xardíns do Sinal (Alameda Nova) en Cangas os días 12, 13 e 14 de Xullo. Alí os establecementos valeiraron o seu stock con descontos de ata un 70%, conseguindo deste xeito que os milleiros de asistentes puidesen atopar e facerse con verdadeiras gangas dado a relación calidade-prezo dos produtos ofertados polas tendas locais.
IMAXES DA XIII FEIRA DE OPORTUNIDADES
Os carteis da 14ª Feira de Oportunidades do Morrazo luciron nas rúas de toda a Comarca en gran formato e os elementos publicitarios deseñados pola organización, tamén estiveron presentes nas portas e os escaparates das empresas participantes, así coma un reparto de folletos informativos coa relación das empresas participantes.
Paralelamente na difusión en medios, nesta edición cabe destacar, ademais da presencia publicitaria nos medios de prensa e radio, a publicidade de pago en redes sociais como Facebook que nos permitiu chegar moi rapidamente a mais de 40.000 persoas da Comarca e da súa área de influencia.
Os comerciantes que participaron no evento expresaron a súa satisfacción ante os resultados obtidos e aseguraron, na maioría dos casos, que foi un éxito, vendo cumpridas as súas expectativas de vendas.
Este espazo feiral de, aproximadamente, 1.000 m2, serve ademais de canle para a venda de stock, tamén, de escaparate para promover as empresas participantes e achegalos a novos clientes potenciais.
FECIMO ORGANIZOU PARALELAMENTE O SORTEO DE 1.000 € EN PREMIOS
Fecimo como xa é habitual nesta feira, pon en valor aos establecementos participantes como unha representación do comercio local e na busca da de premiar aos clientes da feira sorteou 1.000 euros en premios, que foron dende tazas e bolsas de tela conmemorativas da feira ata premios económicos de 10, 20 e 50 euros para cambiar directamente nos establecementos e os produtos presentes nos stands da carpa.