17
Out
2018
AMODIÑA VII EDICIÓN
Unha nova edición da pasarela de Moda AMODIÑA chegou para poñer en valor ás empresas do Morrazo. Dende FECIMO mantense firme a aposta por un dos eventos máis multitudinarios da Comarca e que este ano celebraba o súa sétima edición.
Tras a seis edicións anteriores celebradas no mes setembro, e que marcaban o peche do verán, este ano Fecimo apostou por celebrar o evento na tempada de primavera, proporcionando un cambio importante no estilo, imaxe e estilismos que as tendas presentaron neste multitudinario evento.
A moda e ás últimas tendencias, foron iluminadas polos focos da pasarela o 21 de abril, deixando ver o bo traballo de organización e expositores para ledicia da gran cantidade de público que este evento congrega ano a tras ano. Os modelos infantís, femininos e masculinos luciron os estilismos deseñados para o evento, polos máis de 30 establecementos participantes de Moaña, Cangas e Bueu que presentaban a tempada de Primavera – Verán 2018.
Con este formato de promoción comercial, quérese engalanar as tendas e dotar de glamour o produto presentado nun marco incomparable como é o paseo de Moaña, co mar como telón de fondo da pasarela.
AMODIÑA non é o único desfile de moda do Morrazo pero si é o certame de referencia para dar a coñecer as tendencias de moda a través dunha pasarela profesional cunha coidada organización e cun equipo técnico de alto nivel tras ela.
EMPRESAS PARTICIPANTES EN AMODIÑA VII EDICIÓN
MODA INFANTIL
Atipi&Co
Mercaprecio Kids
M&S Casual Kids
Nene´s Moda
MODA HOME – MULLER
Axeito
Box Woman
Colors
Divinas
Eli Bonet
El Hilo Rojo Boutique
Kio Moda
La Bocoque
+ Q Curvas
Pillados
Rincón de Po
Vento Diverso
ZAPATERÍAS
AleAli Zapatería Infantil
Mimá Zapatos
Pegadas Zapaterías
LENCERÍA
Cool
Mercaroupa
ÓPTICA
Centro Óptico Anteollo / Centro Óptico Cangas
Eugenio Blanco Ópticos
Óptica Bueu
Óptica Studio
PERRUQUERÍA
La Pelu
COMPLEMENTOS
Imagen Complementos
FLORERÍA
Florería Freesia
REPOSTERÍA
Pan & Cake Bakery
A AMODIÑA VII EDICIÓN EN FOTOS
SECTORES QUE PARTICIPARON NA VII EDICIÓN DE AMODIÑA
MODA INFANTIL e XUVENIL
MODA HOME e MULLER
LENCERIA
ZAPATERIAS
COMPLEMENTOS
ÓPTICA
PERRUQUERÍA
FLORERÍA
O ESPECTÁCULO DA PASARELA
Como complemento a os desfiles de moda, AMODIÑA, conta con ser un escaparate de moda urbana onde as actuacións o baile e o espectáculo fan para o público asistente unha experiencia na que o entretemento non só está limitado a moda.
O Evento foi conducido pola actriz María Salgueiro, encargada de presentar tódolos pases dos establecementos e as actuacións en directo de Boombox Danza Urbana e The Marveltons que fixeron da pasarela un espectáculo.